O Castro de Mallou, o novo Proxecto dos Mouros


Nótase que a semente arqueolóxica sementada o verán pasado coa primeira etapa da Torre dos Mouros non decae. Xa participamos nas impresionantes Xornadas Castros a Castelos, cun nivelón de primeira, e hoxe coñecemos que este mes arrincará un novo proxecto arqueolóxico no Castro de Mallou. Un novo proxecto no que o pobo carnotán e costeiro será o gran protagonista, ademais do xacemento arqueolóxico de Mallou que xa nace baixo o paraugas castrodemallou.net.
Así, dende o vindeiro día 15, un equipo multidisciplinar dirixido arqueoloxicamente por Antón Malde e coordinado mediática e organizativamente polo dinamizador cultural Manuel Gago, tomarán o castro. Importantísima a súa labor, tendo en conta o estado de abandono do espazo, que dende hai 5 anos apenas recibe visitas interesadas. Xa daquela calculouse que o castro puido estar habitado na 2ª Idade de Ferro, pero aínda queda moito por descubrir.
A rede e os bares para difundir o proxecto
Xa contamos que o proxecto #TorredosMouros cambiou a forma de facer arqueoloxía. Esta será unha boa ocasión para poñer a traballar as boas prácticas aprendidas, como espallar e difundir os traballos, anumando as curiosos e afeccionados á arqueoloxía a achegarse pola zona. Así, as redes socias e unha web creada para o asunto, estarán publicando en tempo real. De seguro que haberá tempo tamén para as "barferencias", outro xeito de achegar a ciencia ao pobo, e que tan ben funcionou o ano pasado.
Haberá tamén un obradoiro de relato histórico con Chisco Fernández Naval, un obradoiro de artesanía medieval con Nacho Porto ou unha representación teatral, que contará con grandes como Miguel de Lira, Rubén Ruibal ou Sole Felloza, percorrendo vieiros detrás da Raínha Lupa.
Todo, para seguir devolvendo a arqueoloxía a mans do pobo, como auténticos herdeiros pola forza. Así que non dubidedes en pasar por alí, en principio, os entre os días do 17 a 21 e de 24 a 28 de xullo, de 11 da mañá a 19 horas da tarde.
Máis información
Máis novas
- Carnota repetirá viaxe de Castros a Castelos tralo rotundo éxito das Xornadas.
- A antoloxía poética do Monte Pindo trae xa os seus versos do Olimpo.
- Herdeiros pola Forza: O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía.
- Especialistas internacionais introducirán a construción ecolóxica na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).