Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Galicia vístese de verde polo Monte Pindo

Galicia vístese de verde polo Monte Pindo
Monumentos galegos de Verde polo Monte Pindo Parque Natural Monumentos galegos de Verde polo Monte Pindo Parque Natural

Mentres celebran durante este sábado as actividades do 5º aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural, a entidade saborea o feito de ter comprometido a todo o país ca loita.

Así o demostrou esta acción conxunta e tremendamente simbólica polo patrimonio natural galego. A entidade conseguiu que vilas de todo o país celebrasen os 5 anos da loita, iluminando de verde os seus monumentos. Un evento que serve de chamada de atención á Xunta para que dunha vez se aveña á protección do Olimpo Celta, ademais de ratificar o seu compromiso co medio ambiente.

Así, na noite de onte vestiron de verde edificios como a Casa Consistorial de Santiago (o Pazo de Raxoi, no Obradoiro), a Casa Consistorial de Pontevedra, o Castelo de Vimianzo, O Castelo de San Carlos de Fisterra (O Faro non ten iluminación nocturna…), a fonte de 4 Camiños da Coruña, a Muralla de Lugo, “O Artefacto” (a estatua da rotonda de Vila de Negreira) de Carballo, ou a Praza de Armas (e Casa do Concello) de Ferrol.

Unha verdadeira demostración que a sociedade civil galega aposta polo desenvolvemento sostible e pola conservación dos nosos espazos naturais singulares.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios