Italia saborea os tesouros do mar de Lira

20:56 27/10/10
Ben é sabido que Lira abandeira o movemento Slow Food en Galicia. E o vén de facer na Salón Internazionale del Gusto Torino 2010, a feira máis importante do movemento filosófico-gastronómico mundial.
Como nos conta o propio Emilio Louro, Milucho, "a concurrencia ao Salón foi asombrosa". Máis de 150 países se deron cita na feira, a que acodiron preto de 200.000 visitantes. Milleiros de persoas puideron disfrutar así dos produtos do noso mar xa que" a multiculturalidade que se deu cita no Stand foi espectacular", destaca Milucho.
Ademais, Galicia enviou produtos relacionados co mar, algo que lle permitiu ter un protagonismo especial porque dos 600 stands de exibición, eran moi poucos os mariñeiros.
Galicia: un mar de sabores
Contaba Galicia cun Stand propio financiado pola Deputación baixo o lema "Galicia Un mar de sabores". Os produtos estrella eran a Centola de Lira, xa un dos produtos da Arca do Gusto da Slow Food; e o polbo de Cedeira, a outra confraría galega con Reserva mariña. Ademais tamén aportaron manxares galegos a confraría de Bueu e a empresa conserveira de Cambre PortoMuíños. Entre os produtos podemos destacar o polbo, nércora, ourizo, pescada, rape, navallas, zamburiñas. mexillóns, e algas, todos feitos con diferentes preparacións: Polvo á galega, paella con diferentes mariscos (na foto) fabas con polbo, fabas con ameixas, groliño de mar con caviar de ourizo, aros de mariscos galegos, navallas e zamburiñas á prancha, mexillóns á vinagreta, en escabeche e encebolados, ou ao allo... Todo un mundo de posibilidades para disfrutar os tesouros gastronómicos do país. Para a preparación dos pratos, a expedición galega contou tamén coa colaboracion do Restaurante Casa Pila de Lira, Rodrimar, Aceites Aires de Jaen, Estrella Galicia, o Consello Regulador Pan de Cea, o albarinho Paco e Lola, Vinha Costeira, Distribucions Eleuterio Balayo, e os fotografos Maribel Longueira, Benirroxo, e Manolo Torrano que facilitaron unha boa secuencia de fotos da Costa da Morte e de tematica marinheira.Un futuro Salón Galego do Gusto
O Vicepresidente da Deputacion de A Coruna, Pablo Villamar, quedou gratamente sorprendido da repercusion e da afluencia de visitantes ao evento. Ata tal punto quedou encantado, que xa pensa en darlle unha volta a posibilidade de facer un evento destas características, salvando a distancias, evidentemente, onde os produtores locais e artesanais podan ter un espazo para promocionarse e para establecer relacións comerciais. De seguro que a proposta conta co apoio total do Convivium Galicia da Slow Food, tamén presente no Salón. De feito, o muxián Jesús Trillo (na foto de abaixo), presidente da entidade, participou o sábado pasado no encontro rexional de conviviums celebrado tamén Turín, coincidindo con Terra Madre e o Salon do Gusto.Novas relacionadas
- Lira abandeira a presencia galega na Feira de Turín, a máis importante da Slow Food.
- Un estudio de futuro sobre a Área Protexida dos Miñarzos.
- Uns porcos saudablemente celtas.
- A Costa da Morte exhíbese no Forum Gastronómico.
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a "xantar de vagar".
- O Porco Celta de Corcubión é un Larpeiro.
- Da Costa a Europa a lume lento.
- A Costa da Morte na vangarda do Slow food.
Fonte
- Redacción de QPC ( [email protected]).
- Fotos de Jesús Trillo para o Blog da Casa de Trillo.
- El Correo Gallego: Los manjares de Galicia conquistan Italia en Slow Food.