Venres. 26.04.2024
El tiempo

José Manuel Pequeño non se presentará ás eleccións municipais

Jose Manuel Pequeno deixa a politica
José Manuel Pequeño non se presentará ás eleccións municipais

Unha das grandes novidades destas eleccións municipais do 28 de maio de 2023 chega dende Dumbria. José Manuel Pequeño vén de anunciar que non se presentá á reelección. O eterno alcalde socialista dá un paso a un lado, que non atrás, despois de 40 anos como alcalde, todas as lexislaturas con maioría absoluta.

Todas menos a primeira, aló por 1983, que formou parte dunha candidatura independiente, conseguindo xa a maioría no 87 presentádose por Coalición Progresista Galega, antes de pasarse ao PSOE no 1991.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O edil Raúl González será, previsiblemente, o relevo

Aínda a aprobación da Asemblea e terán que ser os afiliados os que decidan, pero os edís socialistas da corporación apostan por Raúl González para o relevo. “É certo que temos algo falado pero hai que respetar os tempos, e aos afiliados, eles son os que teñen que decidir”, sinala con prudencia.

En calquera caso, Raúl amósase sorprendido pola decisión tomada por Pequeño. “Estranoume a verdade, porque aínda está forte, aínda está a tope. Temos que apoveitar toda esa experiencia”.

Esta será a 4ª lexislatura de Raúl como edil. Entrou precisamente nas eleccións do 91, e sempre formou parte da corporación, ademais de levar moitos anos á fronte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Ë un home de rúa. “A min sempre me deu estar na segunda liña, pero os compañeiros da corporación dinche que están todos conmigo, así que terei que dar o paso”, apunta sempre cauto e respectuoso cos prazos organizativas da Agrupación Socialista.

Comentarios