Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Lira acolle a proxección dun documental sobre os devastadores incendios forestais do Courel

cartaz Doe o Courel-Carnota
Lira acolle a proxección dun documental sobre os devastadores incendios forestais do Courel

O venres 2 de xuño á noitiña, ás 21.00h, o local da asociación Canle de Lira, en Portocubelo, acolle unha proxección e posterior debate sobre os lumes ocasionados no Courel que foron devastadores. O director do documental, Xacobe Meléndrez, estará presente no evento.

Está pensado para toda a veciñanza dos concellos que sufren lumes (como é o caso de Carnota e os concellos da comarca) pero especialmente para os colectivos de Comunidades de Montes, Asociacións veciñais, Proteción Civil, Policía, Bombeiros, Forestais e xente que coida e transita os montes.

Comentarios