luns. 19.05.2025
El tiempo

Lira celebra a Festa dos Remedios

Lira celebra a Festa dos Remedios

A vindeira semana Lira arde en festa. Os luns 25 e martes 26 de abril terá lugar en Lira a celebración na Honra a Nosa Señora dos Remedios, que se prolongará ata o vindeiro venres 29 con 3 orquestas.

O programa festivo é moi amplo. O luns 25 amence dianas e alboradas a cargo da charanga Vendaval de Fisterra, e misa rezada as 12:30 da tarde.

O martes 26 habera dianas e alboradas a cargo da Charanga Vendaval de Fisterra e a Banda de Música de Negreira. Misas rezadas toda a maña sendo a solemne a 1 da tarde cantada pola Coral Polifónica de Carnota e sesión vermut ca orquestra Alarma.
Pola noite sesión continua da verbena a cargo da orquesta Alarma que comenzara ás 22:30 da noite.

Continúa a festa ata o venres 29 Lira arderá en festa con 3 orquestas, Samba, Marbella Light Show e Galilea. A gran verbena dará comezo as 22:30 da noite e finalizara ven entrada a madrugada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios