Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Lira xa ten o seu Xograr de Outono

Lira xa ten o seu Xograr de Outono
Miguel de Lira Xograr de Outono 2016 do FIOT cde Carballo Miguel de Lira recollendo o premio de Xograr de Outono no FIOT O actor Miguel de Lira convertiuse este venres en Xograr de Outono do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. O actor carnotán únese a persoeiros como Celso Parada, Artur Trillo, Cándido Pazó, Quico Cadaval, Paula Carballeira, Marcelino de Kukas, Xose Manuel Olveira “Pico” (a título póstumo), Eduardo Rodríguez “Tatán” ou Susana Dans. A súa longa traxectoria artística durante máis de 30 anos fíxoo merecedor deste especial galardón na 25ª edición do festival, que coincide cos 25 anos da súa participación na primeira edición do FIOT co mítico espectáculo “Río Bravo”. Este galardón súmase a outros importantes recoñecementos recibidos polo actor, entre os que destaca o Premio Nacional de Teatro. Traballador incansable como actor de teatro, dinamizador teatral, produtor, director, intérprete de cine e televisión dentro e fóra de Galicia, Miguel de Lira é unha das figuras que iniciou o teatro alternativo, de compromiso e experimentación na nosa comunidade. Tamén é membro fundador dunha das compañías referentes do panorama teatral galego, Chévere. E o público quixo agradecerllo cunha sonora ovación, precisamente despois de rir coa obra “Eroski Paraíso”, do se grupo Chévere, unha das referencias da escena galega, e da que Miguel é parte intrínseca. Precisamente Miguel de Lira quixo facer extensible o seu premio a todo o Grupo Chévere, cos que leva traballando dende o inicio da súa carreira. Foi Ramón Tasende, da Libraría Brañas, o que entregou o premio.

De Shakespeare a Cervantes

A Cervantina de Ron Lala en Carballo A Cervantina de Ron Lalá en Carballo E para dar conta do nivel da programación, esta fin de semana pasaron por Carballo Shakespeare e o mesmo Cervantes. Metatarso Teatro estreaba en Carballo dos espectáculos para toda Galicia, “Sueño de una noche de verano” e “Micro-Shakespeare”, da man da mítica Carmen Conesa. Pero ademais, unha obra que está arrasando en todo o estado puxo en público ao pé. Irreverente e extremadamente simpática a obra de Ron Lalá, que infectou de "Cervantina" ao público carballés, achegando a “ese autor que está en todas as casas pero que ninguén le”…

Voluntarios do FIOT

Voluntarios do FIOT de Carballo Os Voluntarios do FIOT tamén foron homenaxeados A sesión dominical serviu para homenaxear a todos os voluntarios que fan posible este Festival, e que o convirten nunha das referencias, tanto en calidade artística como organizativa, de toda Galicia.  

Novas do FIOT

Fonte

comentarios