Venres. 19.04.2024
El tiempo

Máis de 300 participantes disfrutaron e sufriron os montes carnotáns na Trail Viquinga

Trail Viquinga Carnota 2022 3
Máis de 300 participantes disfrutaron e sufriron os montes carnotáns na Trail Viquinga

Máis de 300 persoas participaron este pasado domingo 20 de novembro no VIII Trail Viquinga de Carnota. A proba estreaba ubicación e data, cambiando a Semana Santa e a praza de San Gregorio, por este mes de novembro e Lamas de Castelo.

Dende os máis peques aos adultos foron pasando polas pozas e percorrendo os recunchos máis fermosos do monte carnotán. Ese é un dos feitos que fan tan atractiva esta proba para atletas de toda a provincia.

Trail Viquinga Carnota 2022 2

Daniel Paz Pardo e María Fabeiro Romero foron os campións nas categorías absolutas masculina e feminina, completando os 22,5km da proba lonca en 2h1’ e 2h40’, respectivamente.

Na proba media, de 12,5km, os gañadores foron Manuel Pais e Lidia Rodríguez.

Nos pequenos gañaron Pablo Lestón, Eva Formoso, Leo Mosqueira e Ainara Núñez, como poden comprobar en Galitiming.

Trofeo Viquingo realizados por Adisbismur
Os trofeos foron realizados polos usuari@s de Adisbismur

Comentarios