martes. 15.07.2025
El tiempo

En marcha o saneamento de Lariño

Aldea de Larino-Carnota
Aldea de Lariño
En marcha o saneamento de Lariño

Xa está en marcha o proxecto para o saneamento integral da parroquia de Lariño (aos lugares de Gándara e Lariño), unha actuación considerada de primeira necesidade polo Concello debido á situación actual de carencia de infraestruturas para a recollida e transporte de augas residuais.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido Rama, asinaron un convenio de colaboración polo cal o ente provincial financiará o 80% dos custes de redacción do proxecto. O investimento total ascende a 62.920 euros, dos cales a Deputación achegará 50.336 euros, mentres que o Concello asumirá o importe restante.

“No goberno municipal levamos seis anos buscando solucións para este problema. Agradecemos a colaboración da Deputación da Coruña neste primeiro paso, que é fundamental e que supón para o Concello de Carnota unha axuda importante e chamamos á colaboración de Augas de Galicia para poder executar estas obras tan necesarias tan pronto estea completada a redacción do proxecto”, afirmou o alcalde.

Comentarios