xoves. 01.05.2025
El tiempo

O PP descarta de novo o Parque Natural para o Monte Pindo

O PP descarta de novo o Parque Natural para o Monte Pindo
Marisol Pineiro-PP Carnota

Volve aparecer Marisol Piñeiro á voz pública e o fai para falar da posible catalogación do Monte Pindo como Parque Natural. Ou máis ben, da “imposible” catalogación, pois a raíz das súas verbas, parece que a Xunta segue pensando que o Olimpo Celta non merece esa distinción. De feito, Piñeiro sinala que “non existe ningunha disposición legal que dea máis garantías de conservación ao Monte Pindo que a Rede Natura”.

Faino despois de que o tema se abordase, por cuarta vez, no Parlamento. E de novo, o PP rexeitou a Proposicón non de lei que chegou ao hemiciclo a proposta do grupo parlamentar de AGE.

Malas novas para a conservación galega se a “rede natura” é o meirande distintivo conservacionista, cando comprobamos como nacen eólicos, piscifactorías e canteiras en terreos con esta catalogación.

Piñeiro recupera ademais a posición de moitos veciños do Pindo, que “non están pola labor de declarar este monte como parque natural”, apuntando mesmo que os membros da Asociación foron abucheados nun acto do ano pasado. Piñeiro, ao tempo que politiza a situación, criticou á Asociación Monte Pindo Parque Natural, “totalmente politizada e que non conta co apoio dos veciños”.

Outras novas

Fonte

Comentarios