Monte Pindo e GMTA preparan o Trail polo Olimpo Celta


A Asociación Monte Pindo Parque Natural e de Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA) veñen de asinar un convenio para organizar o evento deportivo no Olimpo Celta, unha proba deportiva de máximo nivel que se desenvolve na zona desde 2011.
Parelelo será o I Trail Monte Pindo do 11 de xullo, no marco do VI Encontro Monte Pindo da Asociación Pedramar, contando con categorías base e non como unha proba tan esixente, case profesional.
Así, volvendo á primeira cita, o convenio entre MPPN e Galicia Máxica Trail Adventure rubricouse ao remate dunha intensiva visita ás distintas rutas do Monte Pindo desenvolta ao longo da mañá do domingo pasado, que proporcionou datos que servirán para o deseño do que xa será o VI Trail Monte Pindo, previsto finalmente para o 13 de xuño de 2015.
Garantir a continuidade da proba, o máximo respecto ao Monte Pindo e ao seu entorno, favorecer o achegamento do público a este espazo natural único, ou conservar, manter e recuperar os camiños e sendeiros tradicionais do Monte Pindo, son algúns dos obxectivos do acordo.
Novas relacionadas
- O Encontro do Monte Pindo xa espera polo seu Trail.
- Simposio: Argumentos para o Parque Natural Monte Pindo.
- 2013: A rabiosa natureza foi a protagonista do Encontro Monte Pindo.
- 2012: Un millar de persoas encontráronse no Monte Pindo.
- 2011: O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte.