Venres. 29.03.2024
El tiempo

Marisol Piñeiro, ante o TSXG por unha suposta contratación a dedo

Marisol Piñeiro, ante o TSXG por unha suposta contratación a dedo
Marisol Pineiro-PP Carnota A ex tenente de alcalde de Carnota polo PP e Marisol Piñeiro, e mais o secretario municipal Carlos Bousoño, sentaranse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Así informa o BNG de Carnota (que aseguraba erroneamente que tamén estaba o ex alcalde José Oreiro imputado), trala denuncia presentada do actual alcalde, Ramón Noceda no Xulgado de Muros, se ben fiscal decidía elevar a causa ao TSXG por tratarse actualmente dunha deputada aforada.

A concelleira e deputada terá que declarar por “contratar a dedo unha asesora do alcalde pouco despois de conseguir o PP o goberno de Carnota no 2007”. Así o entendeu o fiscal que ve “indicios racionais de criminalidade suficientes para xustificar unha imputación contra Dª Marisol Piñeiro ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”. O propio ex alcalde, José Oreiro, asegurou que foi a ex teniente de alcalde a que asinou o devandito contrato.

Segundo o BNG, “a Fiscalía ve claro que o PP de Carnota mentiu no obxecto desa contratación, saltouse os preceptos legais de publicidade, libre competencia e obxectividade na contratación e que Marisol e Bousoño mentiron ante o xuiz ao asegurarlle que manexaron o currículum de varios aspirantes ao posto e que a persoa contratada era a de mellores aptitudes. Este extremo foi desmentido polo Secretario municipal, que negou que chegara ningun curriculum ao concello”, sinalan.

Declarou no Xulgado o alcalde de Dumbría

O que tamén pasou polo Xulgado foi o alcalde dumbriés José Manuel Pequeño. Pero non se tratou de ningún fraude, senón por chamar “fillo de puta” ao concelleiro do PP Ramiro Iglesias nun pleno. O voceiro do PP denunciou ao rexedor e o xuizo de faltas pode causar unha multa de 120€ a Pequeño.

Fonte

Comentarios