Marisol Piñeiro, ante o TSXG por unha suposta contratación a dedo


A concelleira e deputada terá que declarar por “contratar a dedo unha asesora do alcalde pouco despois de conseguir o PP o goberno de Carnota no 2007”. Así o entendeu o fiscal que ve “indicios racionais de criminalidade suficientes para xustificar unha imputación contra Dª Marisol Piñeiro ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”. O propio ex alcalde, José Oreiro, asegurou que foi a ex teniente de alcalde a que asinou o devandito contrato.
Segundo o BNG, “a Fiscalía ve claro que o PP de Carnota mentiu no obxecto desa contratación, saltouse os preceptos legais de publicidade, libre competencia e obxectividade na contratación e que Marisol e Bousoño mentiron ante o xuiz ao asegurarlle que manexaron o currículum de varios aspirantes ao posto e que a persoa contratada era a de mellores aptitudes. Este extremo foi desmentido polo Secretario municipal, que negou que chegara ningun curriculum ao concello”, sinalan.
Declarou no Xulgado o alcalde de Dumbría
O que tamén pasou polo Xulgado foi o alcalde dumbriés José Manuel Pequeño. Pero non se tratou de ningún fraude, senón por chamar “fillo de puta” ao concelleiro do PP Ramiro Iglesias nun pleno. O voceiro do PP denunciou ao rexedor e o xuizo de faltas pode causar unha multa de 120€ a Pequeño.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).