Marta Lado leva a súa Pita Xefa a Carnota

11:33 26/08/22
Continúa a Libraría Chorima artellando presentacións literarias. A deste sábado 27 de agosto terá cariz infantil, coa presentación da man de Marta Lado do libro “A Pita Xefa”. A cita será ás 12:00h na Praza da Pedra.
O libro, que implica unha gran implicación na igualdade, foi gañador do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade en 2021.