Luns. 06.12.2021
El tiempo

Marta Lado gaña o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

MARTA LADO recollendo un premio Maria Casares
Marta Lado recollendo un María Casares de teatro en 2019
Marta Lado gaña o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

Menudo ano para Marta Lado. A fisterrá, apenas mes e medio despois de recibir un Mestre Mateo, sorpréndenos recibindo o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Así o anunciaba esta mañá a Editorial Baía Edicións, cuio xurado escolleo a obra “A pita xefa” entre as 50 obras presentadas.

Un xurado que valorou a “crítica aos roles de xénero tan asentados na nosa sociedade e loitando contra os estereotipos, cunha historia orixinal, divertida e reivindicativa sen caer en dogmas nin estereotipos”. O mundo animal-natureza creado permite que @s peques se identifiquenca historia, “ considerando un acerto o emprego da imaxe do galiñeiro, que ilustra perfectamente as leis que rexen o comportamento dos distintos individuos que o forman, piramidal e dominada polo galo”.
”Anima a romper cos esquemas sexistas dominantes, pon de manifesto a utilidade da unión e anima a loitar por un obxectivo igualitario”, sinala un xurado que ademais destaca o “coidado uso do galego”.

Marta leva 2.500€ de premio, pero sobre todo verá publicada a súa obra como álbum ilustrado a toda cor na colección Contoxconto.

Un gran premio a toda unha vida escribindo, “pero na intimidade”, como ela mesma nos recoñece. Espera agora a ver quen será a ilustradora que faga a parte gráfica da obra.

Novas relacionadas

comentarios