Mazaricos, Fisterra e Carnota fanlle fronte á velutina
08:09 06/07/17
Os alcaldes de Fisterra, Carnota e Mazaricos recibiron novo material da consellería do Medio Rural para loitar contra a vespa asiática
Os concellos de Mazaricos, Carnota e Fisterra contan con novo material para facerlle fronte á avespa velutina despois da entrega de pértigas que lle fixo onte a directora xeral de Medio Rural - Belén Docampo -. Dende a súa primeira aparición na Costa da Morte (en agosto de 2014 en Castrelo-Vimianzo) a especie está xa estendida por todo o territorio da comarca. No caso de Mazaricos, elimináronse unha ducia de niños no que vai de ano e hai seis avisos pendentes de ser atendidos.
Xunto con Docampo, un técnico deu unha clase para explicar aos efectivos que se trasladaron ata o concello o uso do equipo de pértigas. Asistiron á demostración os alcaldes de Carnota e Fisterra a quen tamén se lles entregou o equipo. O aparello consiste nun brazo extensor que chega aos 26 metros e que leva na punta unha especie de lanza que se crava no avespeiro e logo procede a bombearse un insecticida que sae da superficie perforada da lanza cara o interior da vivenda. Unha vez que as avespas morren, procede a cambiarse a lanza por unha paleta para raspar o niño da súa ubicación.
Docampo asegurou que “hai que empezar a saber convivir coa velutina pois é moi difícil erradicala”. Ao fío disto engadiu que “conscientes da importancia da apicultura en Galicia, a Xunta colabora cos concellos para mellorar a situación”. “O ano pasado repartimos 5100 trampas a apicultores e este ano 5600 ás asociacións, en caso de que algún apicultor non estea asociado pode solicitalas directamente nas oficinas agrarias”, explicou a directora.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155274524692177/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Galicia Confidencial: Alertan sobre os riscos da avespa autóctona galega por mor da asiática.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Mazaricos