xoves. 23.04.2026
El tiempo

A muradá Luisa Lestón presenta a súa primeira novela este sábado en Carnota

Luisa Leston en Carnota
A muradá Luisa Lestón presenta a súa primeira novela este sábado en Carnota

 

Estivo o pasado mes de marzo na Antiga Fábrica de sel de Muros, e este sábado, 25 de abril, ás 12:00 horas presentará a súa novela Fuego que no pide permiso en Carnota. A muradá Luisa Lestón cita á veciñanza da zona para o evento que se desenvolverá no Salón de actos do Concello carnotán.

Trala presentación do libro por parte da autora, abrirase un coloquio co público e, ao remate, haberá sinatura de exemplares. A entrada ao acto é libre, ata completar a capacidade do recinto.

Segundo relata a propia autora, esta obra, baseada en feitos reais, presenta unha historia de transformación na que a protagonista debe aprender a recoñecer o seu propio valor para recuperar as rendas do seu destino. A novela convida as lectoras e os lectores a unha viaxe emocional a través das complexidades da lealdade e o sacrificio persoal e explora as zonas grises das relacións humanas, onde os límites entre o deber e o desexo propio se desdebuxan.

Comentarios