Nomes propios e reivindicación social na Gala Nordés

03:49 03/12/18




Nomes propios
Yaiza Canosa, Premio Nordés á Iniciativa Emprendedora, amoouse especialmente contenta ao recibir un premio na súa terra. Yaiza actualmente é fundadora e CEO GOI, empresa coa que está revolucionando o sector do transporte de paquetes voluminosos. É unha das persoas menores de 30 anos máis influíntes en España, segundo revista Forbes. Tamén Antonio Nodar desacou o feito de recoller un Premio, o Nordés das Artes, no concello no que naceu. Da súa obra destaca o proxecto “Do retrato ao autoretrato” no que participan artistas como Antonio Tàpies, Javier Mariscal ou Joan Brossa. Compaxina as súas viaxes con labores solidarias a través da fotografía con proxectos como “Todas Somos ciudad mujer” en colaboración coa Fundación Nando and Elsa Peretti.
O Premio da Audiencia
Un ano máis entregouse un premio que non decidíu o xurado senón os ointes por votación popular o Premio Nordés da Audiencia finalmente foi para a Plataforma Zas sen Recortes en Pediatría, como en outras ocasións o premio da audiencia ten un marcado carácter social e reivindicativo a prol da comarca.
Novas relacionadas
- Premios Nordés 2017: A Gala dos Premios Nordés cumpliron a súa maioría de idade.
- Premios Nordés 2016: Uns Nordés de emoción.
- Premios Nordés 2015: A música, protagonista dos Gala dos premios Nordés.
- Premios Nordés 2014: A Costa da Morte rende homenaxe a Pazos de Merexo nos Premios Nordés.
- Premios Nordés 2013: Premios globais da Nordés.
- Premios Nordés 2012: A potencia de Aspadex triunfa nos premios Nordés.