xoves. 18.06.2026
El tiempo

Nova solta de cinco exemplares de píllara das dunas na praia de Carnota

Soltando Pillaras das Dunas en Carnota
A directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Mª Pilar Arias; o alcalde Juan Manuel Saborido e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, soltando varios exemplares de píllara das dunas na praia carnotá
Nova solta de cinco exemplares de píllara das dunas na praia de Carnota

Nova acción de recuperación ambiental dunha especie protexida coa solta de cinco exemplares de píllara das dunas na praia de Carnota, un núcleo de recente colonización da especie desde 2024, pero no que as parellas reprodutoras están a acadar importantes éxitos de cría.

De feito, nestes momentos xa existen varias familias de píllaras medrando nos areais da provincia da Coruña, polo que considerou fundamental a colaboración e a concienciación das persoas usuarias das praias para compatibilizar o desfrute destes espazos coa preservación da biodiversidade.

Na segunda metade do período reproductivo neste momento están monitorizados 100 niños distribuidos en 23 praias e o 85% deles foron xa protexidos con perímetros e/ou xaulóns para evitar a súa depredación ou destrucción.

Así mesmo, informou de que nesta campaña xa foi necesario trasladar 11 niños ameazados polas mareas vivas aos centros especializados de Oleiros e Cotobade para garantir a viabilidade dos ovos e aumentar as posibilidades de éxito reprodutivo.

 
A delegada lembrou que, desde o inicio deste programa, lograron voar un total de 187 pitos, incluídos os cinco exemplares liberados hoxe. Unha parte importante destas aves incorpórase cada ano á poboación nidificante galega, contribuíndo á recuperación da especie.
Con isto conseguimos que a produtividade das parellas pasase de 0,8 a 1,2 pitos voados por parella (taxa que se atopa próxima ao obxectivo de 1,5 fixado no plan de conservación da especie como necesaria para asegurar a viabilidade da poboación galega).

Comentarios