Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas obras de saneamento en Carnota e Dumbría

Novas obras de saneamento en Carnota e Dumbría

Os Concellos de Dumbría e Carnota veñen de asinar coa delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, os documentos de conformidade para a concesión das subvencións destinadas a diversas obras de saneamento en sendos concellos. Estas actuacións foron financiadas integramente pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Administracións Públicas, a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Saneamento no Ézaro

Do Campo analizou o resultado da actuación levada a cabo no municipio de Dumbría, na que a Xunta investiu 194.179 euros. As obras consistiron na execución do saneamento, abastecemento e rede de sumidoiros na rúa Principal da Laxe (Ézaro).
Coa intervención nesta zona palíase a degradación da calidade e da biodiversidade medioambiental do entorno, derivada da falta dun tratamento adecuado que ata o de agora impedía a utilización didáctica e recreativa do medio natural.

Saneamento en Carnota

Na mesma liña, a delegada territorial mantivo un encontro co rexedor de Carnota, Ramón Noceda, no que dou conta das obras acometidas para a substitución da tubaxe de impulsión no bombeo de Valdebois-Carnota. A esta acción o Executivo autonómico dedicou 89.600 euros, co obxectivo de protexer o entorno de posibles verteduras incontroladas procedentes da rotura da tubaxe. Soluciónase por tanto o grave de deterioro detectado na condución anterior, que xa ocasionara en diversas ocasións grandes avarías nunha zona natural protexida, a das Marismas de Carnota, pertencente á Rede Natura.

Obras en O Pindo e en Portocubelo

Paralelamente, Portos de Galicia vén de rematar varias obras en O Pindo e mais en Lira.

Portos rematará nas vindeiras semanas a construcción do edificio de departamentos de servizos para usuarios no porto do Pindo, no municipio coruñés de Carnota. Así o anunciou esta mañá o presidente de ente público, José Juan Durán, na súa visita ás obras nas que a Consellería do Mar está a investir preto de 400.000 euros.
O proxecto consistiu na demolición da antiga lonxa e as oficinas portuarias, en desuso, para construir unha nova edificación destinada a edificio de servizos, que dará resposta ás necesidades dos mariñeiros e usuarios do Pindo. Esta actuación renova a estética do vello edificio e, sobre todo, a súa funcionalidade, dado que acolle locais para usuarios e unha sala polivalente, entre as súas estancias.

Pola súa banda, en Portocubelo, habilitáronse departamentos e se reformou a rampla de varada, eliminando as fochas que dificultaban a súa normal explotación. Portos de Galicia investiu 43.600 euros no acondicionamento da nave construida para o sublift, que estaba inutilizada agora, reconvertíndoa en tres departamentos para os profesionais do sector pesqueiro. Durán, comprobou tamén a finalización da obra de pavimentación da rampla de varada. Esta actuación rematada a principios do verán, veu solucionar os problemas que se derivaban do mal estado desta infraestrutura, que presentaba desperfectos e grandes fochas, dificultado a súa normal explotación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios