Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A novela costeira de Guadalupe Vázquez Formoso abríu os Vermús Literarios de Carnota

Presentación en Carnota de Guadalupe Vazquez
Guadalupe Vázquez Formoso asinando libros en Canrnota
A novela costeira de Guadalupe Vázquez Formoso abríu os Vermús Literarios de Carnota

O programa Maio Mes das Letras do Concello de Carnota arrancou esta mañá de sábado cun Vermú Literario e Musical. A praza de San Gregorio acollía o primeiro Vermú Literario e Musical organizado polo Concello de Carnota, a través da Escola Municipal de Música e a Axencia de Lectura Municipal, xunto coa Libraría Chorima.

Presentación en Carnota de Guadalupe Vazquez 3

A protagonista foi Guadalupe Vázquez Formoso e a súa novela “Carburos é o meu dios”, que estivo acompañada polo alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido.

“Carburos é o meu dios é unha novela curta editada por Medulia e ambientada en Cee, no Salto de Castrelo e no Monte do Pindo, na época da construción da canle de auga para a central eléctrica do Xallas que abastecería de enerxía a fábrica de carburos.

A autora carnotá explicou que a obra pretende ser unha lembranza histórica e unha homenaxe aos traballadores do Salto de Castrelo e tamén aos da fábrica, coma seus avós, Gerardo Parga Sánchez e Manuel Vázquez Trillo, coñecido polos compañeiros como “O Carnotán”.

Trala sinatura de exemplares pola autora, celebrouse o concerto “Musicando as Letras Galegas”, coa actuación das Pandeireteiras da ESMU e a Coral Polifónica Mar de Ardora da ESMU de Carnota, que rematou cunha emotiva interpretación do himno galego.

Pandeireteiras da ESMU e a Coral Polifónica Mar de Ardora
Pandeireteiras da ESMU e a Coral Polifónica Mar de Ardora

Máis novas

Comentarios