Novo rescate aéreo no Monte Pindo
17:52 11/10/17
Esperando o Helicóptero de Salvamento no Monte Pindo-Foto-Ges Muros
Tarde movida de novo no Monte Pindo. Arredor das 13:40h, a Policía Local recibía a chamada dunha muller de nacionalidade alemá que subía ao olimpo celta dende O Pindo, acompañado de dous homes. Un deles, un home de 64 anos, caía e rompía unha perna na zona do Chan de Lourenzo, preto da Pedra do Guerreiro, xa monte arriba.
A Policía avisaba ao 112 que mobilizaba ao 061, Ges de Muros, Bombeiros de Cee, Protección Civil, Gardacostas, e Salvamento Marítimo, pensando na posible incorporación ao rescate do helicóptero Pesca 1.
Despois de valorar a complicada evacuación por terra, Salvamento mobilizou ao Pesca 1, que se dirixiu á zona. Chegaría arredor das 16:45h e trasladaron ao ferido ata o centro hospitalario do Barbanza.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/863838857072496/videos/1303975203058857/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
- Agosto 2017: Rescatan a unha muller no Monte Pindo.
- Xuño 2017: Segundo rescate no Monte Pindo nunha semana.
- 15-06-17: Rescatan un mozo que se perdeu no Monte Pindo.
Máis novas
- Xuño 2017: Rescatan heroicamente un home nas augas de Mar de Fóra.
- Abril 2017:O helicóptero de Salvamento rescata unha muller na praia da Barda mentras facía o Camiño dos Faros.
- Maio 2016: O Helicóptero rescata un sendeirista no Monte Pindo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).