Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novos atrancos para a reapertura da piscina cando se cumpre un ano do seu peche

Novos atrancos para a reapertura da piscina cando se cumpre un ano do seu peche
Os traballadores da piscina manifestábanse así o día do peche da Piscina o 4 de abril de 2016 Os traballadores da piscina manifestábanse así o día do peche da Piscina o 4 de abril de 2016 Un 4 de abril de 2016 botábase o peche á Piscina Municipal de Cee. Os traballadores xa levaban case ano e medio denunciando unha situación laboral insostible, e tras moitas demostracións a cousa rematou en peche. Xa vai un ano dende ese peche que deixa a milleiros de veciños sen un servizo tan importante como o da piscina e que deixa a unha quincena de traballadores na rúa. Un ano de moitas consultas, moitas promesas, pero ningunha decisión efectiva para permitir a volta á actividade, despois de anular o contrato de concesión coa empresa Aquacenit. O peor é que a situación parece lonxe de solventarse. Mentres PSOE, PP e BNG denuncian retrasos por mor do alcalde unha vez que os grupos municipais decidían aprobar na comisión informativa unha Xestión Interesada, que tería que aprobarse en pleno. Xa pasou máis dun mes e non hai pleno convocado, pero o meirande problema é que os Técnicos da Deputación veñen de opinar desfavorablemente sobre a Xestión Interesada. Deste xeito, o Concello terá que escoller, en pleno, entre Concesión administrativa ou contrato de servicios.

Entre tanto, os traballadores seguen sen cobrar e sen poder traballar. Denuncian que “o goberno municipal non fai máis que darnos largas co papeleo e non quere facer nada por abrir a piscina. E resulta que en Laracha tiveron o mesmo problema e o resolveron en 5 meses…”

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios