xoves. 01.05.2025
El tiempo

Novos cursos de fotografía en Carnota

Novos cursos de fotografía en Carnota

A ''A Casa Vella da Fotografía'' organiza novos cursos, obradoiros e coloquios ao redor da fotografía polo territorio galego e en breve os teermos pola volta. Concretamente están a organizar varios cursos co fin de achegar o ben cultural da nosa profesión a todo tipo de usuarios, xa que polos cursos soen diversos perfis como os de mariñeiros, medicos, arquitectos, dependientas, etc.

Así, as vindeiras citas serán en Carnota, con 3 cursos rápidos durante o mes de novembro. I é que cos avances tecnolóxicos e o abaratamento dos custes dun equipo fotográfico versátil, é certo que hoxe son moitos os usuarios con cámaras dixitais, e estes cursos están para acadar o máximo posibel tanto a técnica, como para ser capaces de transmitir sentimentos coa fotografía, facela máis útil e emocionante que simplemente darlle ó botón do disparador.

Cursos en Carnota

Os seguintes cursos impatiranse na Casa Rural A Xanela da Lúa, en Lira, Carnota:

  • 18, 19, 20, 21 de Novembro, Curso de Iniciación á Fotografía, de 20:30 a 22:30h. (50€)
  • 25, 26, 27, 28 de Novembro, Curso de Iniciación ó Retoque, photoshop I, de 20:30 a 22:30h. (50€)
  • 23, 30 de Novembro, Obradoiro de Iluminación. de 16:00 a 20:00 (40€)

Se se completa algún dos cursos habrerá o día 23 unha charla, sobre a realidade e a interpretación fotográfica, que rematará con un coloquio entre os asistentes.

Poden facela reserva de prazas, a través de xaneladalua@telefonica.net // 981 761 306.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios