Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Ponteceso e QPC artellan un curso sobre a internet e as redes sociais

Ponteceso e QPC artellan un curso sobre a internet e as redes sociais
redes sociais

As aulas de informática de Ponteceso e de Corme acollerán durante os sábados entre o 16 de novembro e o 28 de decembro, un Curso sobre internet 2.0 e facebook, que impartirá Ubaldo Cerqueiro. O horario será en Ponteceso de 10:00h a 11:30 e en Corme de 12:00 a 13:30h.

O curso comezará abrindo á fiestra da rede ao mundo e ao noso vecindario, repasará o concepto 2.0, terá unha sección de contidos 2.0 accesibles en galego na rede a nivel nacional e tamén un especial sobre a Costa da Morte e sobre Ponteceso. A partir de aí sumexerémonos no Facebook.

A inscrición é de balde, ata completar as prazas limitadas, e se pode facer ata o 14 de novembro no Concello de Ponteceso (981 714 000 ext.18) ou na Oficina Municipal de Corme (981 73 84 28).

Charla sanitaria

Paralelamente, este venres día 14 de novembro na casa da cultura en Ponteceso, terá lugar unha charla sobre a doazón de órganos, o horario da mesma será de 18:00 a 19:00. Esta charla está aberta a todos os públicos.

Formación QPC

Fonte

Comentarios