O BNG propón maior pluralidade poítica para os entes comarcais da ría de Muros
O novo voceiro do BNG comarcal da Ría de Muros e Noia, o muradán Manuel García, vén de enviar un comunicado para pedir que se garanta a presencia de todos os grupos políticos nos distintos organismos comarcais.
O BNG entende que a pluralidade saída das pasadas eleccións, obriga a organismos como a Mancomunidade Serra do Barbanza, a Mancomunidade da Auga de Muros-Carnota, ou o Padroado da Fundación Romero Blanco-Monroy, a ampliar o número de representantes políticos nas directivas, pois ata agora só teñen tres representantes políticos. “Feito que dificulta o axuste das mesmas á realidade política actual”, entenden.
Por iso, “na procura de garantir unha representación democrática nestes organismos, desde o Bloque Nacionalista en Muros-Noia, traballaremos para actualizar os estatutos dos organismos dos que forman parte as corporacións da comarca, co fin de eliminar o número fixo de representantes e asegurar a presenza de tódolos grupos políticos nos seus órganos colexiados”.
Novas relacionadas
- O BNG pide a retirada das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia.
- O BNG da Costa da Morte renóvase.
- Manuel Antelo asegura que “o BNG desprazouse deixando fóra a moita xente”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).