Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Cumpreanos Feliz xa é #Parabensparati

O Cumpreanos Feliz xa é #Parabensparati

Parabéns para ti
nesta data querida
Moitas felicidades
Moitos anos de vida.
Hoxe é día de festa
cantan as nosas almas
para ti miña vida
unha salva de palmas!

Gracias ao traballo da empresa carballesa Mama Lola Studios nunha encarga do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e da Mesa pola Normalización, xa temos vídeo para aprenderlle aos nosos pequenos a cantar o “Cumpreanos Feliz” en galego, como ten que ser.

Fermosa foi a presentación do videoclip na Biblioteca de Carballo, cun cheo total no que os asistentes, moitos foran protagonistas do vídeo, corearon e aplaudiron a canción!

A canción contou coa colaboración do Coro Vagalume carballés e a partir da presentación o videoclip será publicado en Youtube para que a el poida ter acceso todo o mundo e poida utilizarse para aprender a canción; usalo para felicitar os aniversarios a través das redes sociais; utilizar o vídeo en centros de ensino, ludotecas, festas, etc. Ademais, o Concello distribuirao nas escolas infantís, centros de ensino e ludotecas do municipio.

Nanny Mouro, de Mama Lola Studios, é o autor. De poñerlle voz ao tema encargáronse Paula Fraga, como voz principal, e Carla Serrano, Julia Antelo, Noah Abelenda e Sara Pose nos coros. A canción gravouse nos estudios da Escola da Rúa.

Cheo na presentacion do video Parabens para ti

Novas relacionadas

Fonte

Parabens para ti video

Comentarios