Venres. 19.04.2024
El tiempo

O deporte costeiro pasa de Carnota, Esteiro e Razo, a Corcubión e Vimianzo

O deporte costeiro pasa de Carnota, Esteiro e Razo, a Corcubión e Vimianzo
Correndo a 5k de Razo-Foto-Os Muditos Un atleta na carreira 5k de Razo-Foto-Os Muditos Verán completo en materia de atletismo e natación na Costa da Morte- Esta fin de semana vivíronse 3 probas (dúas sobhre area, as de Carnota e Razo, e unha sobre a auga de Muros) e a bisbarra prepárase para novas e esixentes probas en Corcubión e Vimianzo.

Carreira das Areas de Carnota

Carreira das Areas de Carnota 2018-Foto-Todorun Carreira das Areas de Carnota 2018-Foto-Todorun A 27ª edición Carreira das Areas de Carnota celebrouse este sábado coa mellor participación da súa historia. Máis de 600 participantes deixando unha fermosa serpe de atletas polo areal. E iso que correr sobre area non é doado, e coa calor que había… pero menos mal que axudaron os Bombeiros con mangueirazos para refrescar aos participantes. A dura proba só foi completada por 227 participantes, sendo os campións Toño Teijido e a mazaricá Rocío Alvite. https://www.facebook.com/concellodecarnota/videos/944680042406549/?t=6

VI Travesía Illa da Creba

Travesia Illa da Creba de Esteiro 2018 Ambientazo na Travesia Illa da Creba de Esteiro 2018 Os Salta Rejos organizaban este pasado sábado a Travesía Illa da Creba. No porto de Esteiro púidose ver a grandes nadadores/as, e a xornada completou coa posibilidade de comer e disfrutar do ambiente. Moita satisfacción ademais entre entre participantes, espectadores e colaboradores da Travesía pola boa organización, e coas praias ateigadas de público, e un nordés que non foi quen de parar aos valentes, a proba desenvolveuse cun grandísimo nivel. Foron 93 os participantes que remataron a proba dos 6km, e outros 50 os que remataron a de 2 km.O gañador da prona absoluta foi Kimbo Vallejo, do Grupo de Cultura Covadonga, e nadador nada menos que olímpico, por diante do arteixán Manuel Regueiro e do santiagués David Rodríguez. Manuel Abuín foi o campión da proba e 2k. Uxía Barreiro do natación Riveira gañou nos 2000 (27:16) categoría feminina e Elisa Pichel do A.D Fogar (01:26:43) como primeira muller na Volta a Creba. Ademais, Nicolás Vázquez foi o campión en categoría infantil. Os primeiros locais foron Juán Martínez, "Murray" en 6000 e Noly Torea e Pardelo en 2000m. Daniela Rama e Anxo Olveira foron os primeiros do concello en chegar a meta en categoría infantil. Travesia Illa da Creba de Esteiro 2018 2 Aí queda o vídeo coas fotos de Elvira Martín Carmona: [fbvideo link="https://www.facebook.com/elvira.martincarmona/videos/10212555461903865/?t=10" width="800" height="400" onlyvideo="1"]  

5 K de Razo

Carreira dos 5km en Razo Os Muditos armaron a carreira dos 5K de Razo, con máis de 200 inscritos. O campión final foi o camariñán Francisco Pais, de Triatlón Costa da Morte, por diante de César Rdguez. Ventureira de Arteixo e do carballés José Antonio Señarís. Gran ambiente en Razo

5k en Vimianzo

O pasado venres tivo lugar a presentación do Campionato Galego 5K que se desenvolverá en Vimianzo o vindeiro 2 de setembro. Presentacion da Carreira 5K de Vimianzo

Carreira Popular de Corcubión

A seguinte proba do Circuito Correndo pola Costa da Morte será en Corcubión o vindeiro 15 de setembto. Dende este luns 27 de agosto xa se poden facer as inscricións en championchipnorte.com. Carreira Popular de Corcubion Correndo pola Costa da Morte 2018

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-comic-para-dinamizar-o-ultra-trail-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/o-atleta-cees-elian-numa-prata-no-campionato-de-espana-sub-20-quedou-a-7-decimas-do-mundial/

Comentarios