venres. 02.05.2025
El tiempo

O grupo de goberno de Carnota presume de sanear as arcas municipais

O grupo de goberno de Carnota presume de sanear as arcas municipais
Remanente de Tesoureria do Concello de Carnota Aínda queda moita débeda municipal pendente, pero o grupo de goberno do Concello de Carnota presume de ter liquidado o exercicio de 2015 cun remanente positivo de tesoureiría duns 206 mil euros. “É a primeira vez nunha década que Carnota remata o ano en positivo”, sinala o grupo do BNG, “algo que parecía impensábel en exercicios anteriores e sobre todo logo da última etapa do PP no goberno, que ofreceu sempre remanentes negativos de entre -1 e -1,3 millóns de euros”. En todo caso, a situación non pode darse aínda por definitivamente superada. “O actual executivo nacionalista herdou en 2011 do anterior goberno do PP débedas bancarias por 8 préstamos por un importe total de 5,16 millóns de euros dos que aínda temos pendentes 1,6 millóns de euros (un 32%)”, que tratarán de corrixir.

Aprobados os orzamentos

Serviulle a maioría ao BNG para aprobar, coas abstencións de PP e PSOE, para aprobar os Orzamentos municipais do 2016. Carnota prevé ingresar este ano uns 3,66 millóns de euros, dos que 2,94 corresponden a ingresos correntes e 0,74 a ingresos de capital. Pola contra o noso municipio gastará uns 3,61 millóns de euros, dos que 2,88 se destinarán a gastos correntes e 735 mil euros a investimentos públicos (aumentan un 10%), dos que só aportará de recursos propios menos de 53 mil, é dicir, apenas o 7,21% do total que Carnota investirá no 2016.

A RTP

Leva moito tempo o grupo de goberno intentando aprobar a Relación de Postos de Traballo (RPT) para ordear o persoal, e as súas funcións e retribucións. Cos votos en contra de PP e PSOE aprobaron este polémico asunto.

Soldos políticos

Unha única dedicación exclusiva menor de 2000€ para o alcalde é o único gasto en soldos políticos dende 2011. Agora, o concello sumará unha media dedicación á do alcalde, para complementar o traballo do alcalde, sobre todo. A persoa que asuma o posto (aínda se decidirá no vindeiro pleno) terá unha función bastante transversal, "porque realizará tareas das diferentes áreas que non poden asumir outros concelleiros por falta de tempo e que ata agora se delegaban tamén no alcalde", explícannos dende o grupo. Así, dos 28.000€ que gastaba ata agora o concello, pasará a 42.000, aínda “menos da terceira parte do que se cobraba no ano 2010, último do PP no goberno de Carnota”, sinalan dende o BNG. Gasto en soldos politicos do Concello de Carnota 2010-2016 Gasto en soldos políticos do Concello de Carnota 2007-2016  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • BNG de Carnota.

Comentarios