Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo

O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo
Modesto Garcia Quintans na Caverna das Chozas Modesto Garcia Quintans na Caverna das Chozas do Monte Pindo Imos continuar inventariando as “furnas” usadas polos escapados da Guerra Civil no Monte do Pindo, acompañado polo veterano Pepe do Fieiro. Hoxe tócanos a coñecida como “A Cabana das Chozas”, situada no lateral norte do Castelo Pequeno e á uns 200 m. ó norte do Pico de Peñafiel. Para chegar partimos do Lugar de Ó Fieiro polo sendeiro de Peñafiel. Ó chegar ó Rego de Sancheferro cruzámos a pontella coñecida como Ponte das Chozas. Os antigos lugareños chamábanlle Os Pasales de Arcos e, sobre o ano 1950, coas obras da Ponte do Ézaro os canteiros de Arcos construíron esta ponte e trazaron un novo sendeiro por ser máis cómodo e máis corto nos seus viaxes diarios. A uns 70 m. augas abaixo está o Muíño de Louro, ben coñecido polo noso veterano Pepe do Fieiro, que conta que Xan de Louro (familiar), unha vez regresado de Cuba, construíu este muíño sobre o ano 1927. Pepe do Fieiro na Caverna das Chozas no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans Pepe do Fieiro na Caverna das Chozas no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans Subimos pola primitiva calzada e ao chegar ós Petóns das Chozas xiramos á dereita ata encontrar unha fonte con auga permanente coñecida como A Fonte das Chozas. Esta paraxe é de terreo fértil de moito pasto para o gando polo que cabe pensar que o nome de “Chozas” foi sacado polos primitivos pastores. Na actualidade, tanto o sendeiro como a fonte están totalmente cubertos de toxo, terreo preparado para outra queima en calquer verán. Neste punto, mirando cara ó suroeste e a uns 70 m. vemos uns “outeiros” con formas caprichosas. Alí encóntrase a “cabana”. Está baixo unha enorme plancha granítica duns 8 m. de longo por 5 m. de ancho e polo lateral oeste ten a entrada formada por unha pequena abertura duns 35 cm. de alto. Débese entrar “de gatiñas” salvando un pequeno chanzo. No seu interior é como un salón duns 30 m2, cunha altura central de 1,5 m. e inclinado cara ó norte. Está amurallado por un lateral e o chan foi acondicionado. Apenas se nota humidade. Rematamos recordando a penuria que eses homes pasaron polo monte e a estancia nestas covas. Tíñan outro enemigo invisible e descoñecido. O gas “radón” acumulado nas covas sin ventilación como a dos Morcegos. Caverna das Chozas no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans Localizacion da Caverna das Chozas no Monte Pindo-Foto-Modesto Garcia Quintans  

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios