sábado. 08.11.2025
El tiempo

Recunchos da Costa: O panal de Sendón

Recunchos da Costa-O Panal de Sendon
Recunchos da Costa: O panal de Sendón

De camiño á praia do Lago (pola ruta Berdoias-Quintáns-praia do Lago), pasamos por diante por un lugar ben peculiar. Un deses segredos difíciles de atopar, que non dan para máis que unha visual, pero que representan a maxia da nosa comarca.

Nun herbal, á sombra dun carballo, cunha bandeira de #NuncaMáis e un sinal de “perigo” por escuadrón de abellas, atopamos unha alvariza moi feitiña e coidada.

O lugar chámase “O Desastre”, que coida a familia de Tino Gándara, edil do BNG de Muxía, e propietario tamén do Pendello, un galpón convertido case en museo etnográfico, onde se xunta a mocidade nacionalista da comarca.

O Panal de Sendon de Tino Gandara

Como chegar

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios