Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O neno cantante de Lira participará nun programa de Telecinco

O neno cantante de Lira participará nun programa de Telecinco
Xurxo Trillo participará en La Voz Kids de Telecindo Xurxo Trillo participará en La Voz Kids de Telecindo

O neno de Lira Xurxo Trillo Sendón, Ñas, coñecido por ser finalista no programa de cantar de Disney Chanel o pasado ano, é noticia outra vez por ser seleccionado como galego para participar noutro concurso estatal de cantar. Xurxo, saído da canteira da escola de música de Carnota, recibe clases de canto e é o cantante dos combos de rock da escola.

Xurxo presentouse o pasado día 13 de abril ao casting do programa de Telecinco "Cántame una canción". Un programa que comezará proximamente e que será capitaneado polo coñecido Javier Sardá.

Xurxo foi seleccionado logo de demostrar o seu talento con catro temas (2 en castelán e 2 en inglés). Así xa se citou para reencontrarse cos membros da produtora "Gestmusic" en Madrid para probar tons de voz. Volverá a Madrid o día 25 para a gravación da 1ª Gala do programa onde cantará a canción que lle será asignada pola produtora, xa sexa en solitario, dueto ou grupo. Cremos que a emisión deste primeiro programa será a finais deste mes onde haberá que votar polos participantes mediante sms. Aí estará toda a Costa da Morte apoiando ao noso pequeno artista.

Comentarios