Sábado. 14.09.2024
El tiempo

O Olimpo Celta a debate no III Simposium Monte Pindo

O Olimpo Celta a debate no III Simposium Monte Pindo
III Simposium Monte Pindo 2014

Non para a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que sabe que estar no centro do debate é chave para conseguir a devandita calificación. Por iso xa prepara o III Simposium Monte Pindo, baixo o título “O Olimpo Celta a debate”, que se celebrará este sábado 22 en Lira.

Un Simposium que recolle o legado do nadal de 2011 e dese  mesmo verán, e que pretende retomar esta pioneira xornada de divulgación científica despois do parón provocado polo incendio de 2013. Un evento, que aspira a converterse nunha cita imprescindible para a actualidade do Monte Pindo, e ao mesmo tempo ofrecerlle a toda a veciñanza e axentes sociais a posibilidade de pronunciarse libremente sobre o seu pasado, presente e futuro.

Para iso, que mellor que traer aos mellores ponentes, coimo Martiño Fiz, Membro do Observatorio Galego da Biodiversidade e de Adega, que abrirá as xornadas arredor das 12:00h despois dunha presentación da man das xentes da entidade, ou Xosé Ramón Vidal Romaní, Catedrático de Xeoloxía da UDC e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, que falará antes de xantar.

Á volta, a partir das 16:30h, será a carnotá Mar Llinares García, profesora titular de Prehistoria na USC, a que aporte o seu grao de area; o Investigador do CSIC e Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. Serafín González Prieto, dará a súa visión, antes do debate aberto entre a veciñanza.

Novas relacionadas

Comentarios