O PP asegura que non haberá ningún parque eólico na Rede Natura do Pindo


Dous colectivos xa protestaron polos novos parque eólicos que ten prantexado aprobar a Xunta nos arredores do Monte Pindo. ADEGA e PX xa teñen manifestado o seu rexeitamento a, polo menos, un dos 3 parques proxectados; e o PSdG levou unha pregunta ao Parlamento sobre o asunto.
Critican precisamente dende o PP que "os socialistas demostraron no Parlamento a súa absoluta falta de rigor baseándose en informacións de prensa que non contrastaron". I é que segundo sinala o director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, "ningún parque eólico vai instalarse en Rede Natura, como é o caso do Monte Pindo, nin na súa ampliación".
A deputada do Grupo Popular Marisol Piñeiro agradece a claridade do director xeral e considera “un disparate” que os socialistas “non sexan quen sequera de contrastar as informacións que obteñen por canles non oficiais”. Así mesmo, considera que a resposta de Tahoces “deixa ben claro a aposta do Goberno galego pola defensa do noso patrimonio natural e pola compatibilización do necesario avance en materia de política enerxética co respecto ao medio ambiente”.
Novas relacionadas
- 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- PX pedirá información sobre o parque eólico da Ruña pola afección ao Camiño de Santiago.
- Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
Fonte
- Nota de prensa do PP.