Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP de Carnota volve a actualidade e pide a dimisión do alcalde

O PP de Carnota volve a actualidade e pide a dimisión do alcalde

A vida política carnotá comeza a poñerse quente. Tralos rumores, só rumores, que durante a semana pasada percorreron os foros do concello e que puñan enriba da mesa unha posible moción de censura entre PSOE e PP como moeda de cambio pola, xa rexeitada, moción en Muros, esta semana é o PP, tras un ano de sliencio, o que salta á voz pública. O grupo opositor pide "a dimisión do alcalde por dar prioridade ó seu partido fronte as súas responsabilidades de rexedor".

O Grupo Popular considera que "non pode seguir dándolle marxe de manobra a un goberno que non goberna, a un goberno de catro membros fronte a unha oposición de sete". Ademais, denuncian que "o dirixente carnotán deixou o plan de axuste sen aprobar para acudir a manifestación do día 29", pois xa vimos que o Plan de Axuste non foi aprobado cos votos en contra do propio PP. O PP considerou "que todo o proceso de presentación do Plan de axuste foi un despropósito dende o principio", lembrando o informe negativo do interventor, e denunciando que lle presentou o Plan "con só unha hora de antelación", algo que tamén refrendou o voceiro do PSOE.

Critican dende o PP que o alcalde non acodirá a traballar o día da folga, e que acodise á manifestación en Cee, considerando que era urxente sacar o asunto adiante.

O PSOE lembra o informe negativo

O PSOE, que chegaba ao pleno con intención, "tivemos que votar en contra pois o Plan ademais que ten enriba da mesa un informe de intervención de 13 follas en contra do Plan, cun goberno que segundo o PSOE “sumou 200.000€ de débeda nos meses deste novo goberno”.

Segundo o PSOE, que estaba disposto a votar a favor, “o Plan adoece de falta de concreción: di que vai aforrar un 30% en luz poro non di como… Pero o problema que consideramos máis grave é que leva no Plan despidos de persoal, e el só me chama agora, cun só día de antelación, para facerme cómplice dos despidos, cando debe ser el o que o tome esa decisión. Eu podo pensar que moitos destes despidos son necesarios, pois sobre xente no Concello, pero o que non pode é facerme responsable do malo e levar todo o beneficio das contratacións”, denuncia Suso Campos. Campos chama “irresponsables a PP e BNG”, e lembra ao BNG que “está gobernando co noso apoio e ten que chegar a acordos con nós”.
O PSOE asegura ademais que "o Plan íalle vir de volta ao ter un informe de intervención negativo, como nos avisaron os nosos asesores".

O BNG denuncia "retraso e mentiras"

Así mesmo, o BNG local responde asegurando que "o PP inicia a lexislatura cun ano de retraso e mentindo sobre as contratacións". Critica o BNG que o PP denuncie que o alcalde «coloca aos seus», e lle preguntan a José Oreiro, voceiro do PP, se coñece os baremos de contratacións.
I é que o BNG asegura ter "uns criterios públicos transparentes nas contratacións". E tras lembrar contratacións supostamente "irregulares" dende 2007, o BNG explica os movementos:
"Varios traballadores das áreas de cultura e deporte remataron o contrato. Cabe engadir que o criterio que se seguiu para contratar a unha das novas persoas de deportes foi que estivese nas listas do INEM e que tivera unha titulación pola que o concello pode optar a unha subvención da deputación para cubirir parte do seu soldo, axuda que o goberno anterior nin sequera solicitaba. Para as restantes contratacións que fixo o actual goberno mediou concurso público, algo inédito nos últimos anos no concello de Carnota".

E nesa liña o BNG asegura que "vai continuar a racionalizar a plantilla do Concello de Carnota, garantindo a correcta prestación dos servizos públicos, distribuindo xusta e equitativamente os novos postos de traballo que se creen, e facendo todo o necesario para saldar a débeda de case 3 millóns e medios de euros que existía ao inicio do mandato e que asfixia toda a acción municipal."

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios