Venres. 19.04.2024
El tiempo

O programa Apego expándese pola Costa da Morte

O programa Apego expándese pola Costa da Morte
O progama Apego, que incentiva a socialización en galego da infancia, chega a mais de 1.100.000 de habitantes O progama Apego, que incentiva a socialización en galego da infancia, chega a máis de 1.100.000 de habitantes Os concellos de Mazaricos, Muros, Ponteceso e Vimianzo firmarán mañá, nun acto que terá luga na Coruña, a súa adhesión ao programa Apego co que se promove e arroupa a transmisión da lingua ás nenas e nenos. O éxito deste programa, xa consolidado, mídese a través da gran cantidade de pais e nais que se suman a el así como a difusión a través das súas redes sociais. Pola súa banda, os concellos de Carballo e de Carnota xa levan varios meses con este programa en marcha. Os concellos participantes puxeron en marcha diversas accións, centradas nas crianzas entre 0 e 6 anos mais que abranguen os diferentes contextos da vida dos nenos e nenas. Deseñáronse e distribuíronse materiais específicos, organizáronse actividades, achegáronse argumentos, información e recursos…, tanto para as familias como para os profesionais. En todas as accións do proxecto resalta a valoración positiva da lingua e a necesidade de que colectiva e individualmente nos comprometamos con este herdo para que no futuro as nosas cativas e cativos poidan seguir gozando del. O Apego mantense desde os servizos de normalización lingüística dos concellos participantes, impulsados inicialmente pola coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). Coa adhesión que 23 novos concellos firmarán mañá, o programa Apego chegará agora a unha poboación que supera o 1.100.000 habitantes, entre a que está a das principais áreas urbanas, onde máis cómpre incentivar e facilitar a socialización en galego da infancia. O concello da Coruña, como anfitrión da sinatura do acordo de mañá sábado, agasallará as persoas asistentes cun concerto de “Arrolos de salitre”, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández. O concerto será aberto e de balde, até completar a capacidade da sala.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios