O sector marítimo de Carnota apoia o parque natural Monte Pindo


O Monte Pindo continúa recabando apoios. O último, o compromiso das Confrarías de Pescadores de Pindo e de Lira, entidades que agrupan as traballadoras e os traballadores dos sectores da pesca e o marisqueo do concello de Carnota, que uniron xa os seus folgos a prol da declaración de Parque Natural para o Monte Pindo. O apoio da de Lira aprobouna a súa directiva esta mesma semana.
Ao forte impulso que supón este apoio moral por representar un colectivo tan importante do concello, únese o feito de seren dúas entidades referenciais entre todas as Confrarías galegas por destacarse na posta en valor do noso medio de vida tradicional e tamén na loita polo desenvolvemento sostible do noso entorno. Ambos pósitos participan en todas as actividades de revalorización do sector mariñeiro como nas Xornadas Cómete o mar, a última sesión da Herdanza Cultural do Mar, ou as Xornadas do Piño Mariño.
Novas relacionadas
- As baleas tomaron O Pindo.
- A Costa sabe degustar o seu mar.
- A Asociación Monte Pindo Parque Natural preséntase en sociedade.
- Luar na lubre homenaxea ao Monte Pindo no seu último disco.
- Atopan posibles fósiles mariños no Monte Pindo.
- A AGACS apoia o Parque Natural Monte Pindo.
- A bitácora da semana (CVI): República de Carnota.
- Nace a Asociación Monte Pindo Parque Natural.
- O BNG de Carnota pide aos grupos politicos que se volquen co Parque Natural Monte Pindo.
- Asociacións de Carnota apoiaron a candidatura do Parque Natural Monte Pindo.
- A Costa da Morte debate sobre a creación do Parque Natural Monte Pindo.
- Propoñen a creación do Parque Natural Monte Pindo.
Máis información
- Grupo de Facebook: Parque Natural Monte Pindo.
- Grupo de Facebook: Na Defensa do Monte Pindo.
Novas informativas
- O Monte Pindo de Galicia e os grabados rupestres prehistóricos, por José Luis Galovart Carrera.
- Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo, por Jose Luis Galovart Carrera.