Os actos vandálicos de fin de ano deixan pegada na tenda Stoupa de Cee

06:18 02/01/18

Este día de ano novo, sobre as 10 da mañá (para algúns aínda fin de ano…), a tenda turística Stoupa de Cee, sufría un desagrable episodio de vandalismo.
MAN, a escultura que se instalara en Stoupa o artista carnotán Nando Lestón en xullo do ano 2017 estaba composta por máis de 80 pezas diferentes apiladsa de forma vertical, forma que lembrara á técnica escultórica empregada polo artista alemán de Camelle, Manfred Gnädinger. A parte inferior da mesma sufriu brutais destrozos de maneira totalmente intencionada, quedando parte da súa composición espallada pola beirarrúa.
En Stoupa están consternados por este incívico atentado contra esta obra artística que xa era todo un símbolo da tenda ceense e que, ademáis de visibilizar a entrada da tenda, representaba perfectamente o espírito da Costa da Morte. Os feitos serán denunciados ante a Garda Civil de Corcubión e tanto Stoupa como Nando Léstón aseguran que tan pronto como sexa posible, MAN será restaurado e volverá a lucir espectacular no seu lugar orixinal.Novas relacionadas
- Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte.
- Este Nadal, regala Stoupidos de arte da Costa da Morte.
Creadores da Costa da Morte en Stoupa
- Os barquiños de Mimadriña xa navegan por Stoupa.
- Nando Lestón expón as súas creacións en Stoupa.
- Marcos Rodríguez expón as súas fotografías premiadas en Stoupa
- 12 meses facendo estoupar a arte da Costa da Morte
- Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa.
- As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa.
- A arte de Viki Rivadulla está que Stoupa.
- Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte
- Un estoupido de cultura para a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).