Venres. 10.07.2020
El tiempo

Os autocaravanistas volven facer de Lombáns o seu punto fetiche

Os autocaravanistas volven facer de Lombáns o seu punto fetiche

Cando se decatará a Costa da Morte do potencial turístico que teñen os autocaravantistas. Convertirse nun lugar fetiche para este sector coloca á Costa da Morte nun lugar privilexiado, e se ben os hoteis da zona non farán o seu agosto con eles, os restaurantes, tendas e mercados si que poderán aproveitarse da súa chegada.

O caso é que Carnota xa é un lugar de encontro para eles. Se o ano pasado 55 autocaravanas e máis de 200 persoas se achegaban por primeira vez a Carnota, este verán Lombáns volverá acoller a II Concentración Ecolóxica-Cultural de Autocaravanas de Carnota. A cita será esta primeira fin de semana de xuño, os días 4 e 5 de xuño.

Xornada de Limpeza

A cita non será só lecer. Os visitantes levarán a cabo diversas actividades en apoio e axuda a conservación da natureza. I é que os autocaravanistas pretenden dar exemplo practico de como se pode gozar da natureza dunha forma respectuosa e ademais tomar iniciativas encamiñadas á conservación do os espazos que visitan.
A actividade forte será na xornada do sábado na que se levará a cabo a limpeza do areal de Carnota en diferentes zonas e por grupos, o domingo haberá unha ruta de senderismo e a clausura será ao mediodía.

"Queremos "saltar á area" e recoller o lixo que outros abandonaron nesta incomparable contorna da Praia de Carnota", aseguran.

Programa

Xa sabemos que estarán apoiando os membros de Protección Civil, o SEPRONA, Concello de Carnota e Medio Ambiente. Tamén haberá, se o tempo o permite, rutas de sendeirismo, visitas culturais, sardiñadas, música e queimada.

Máis información

Caravaningblog: II Concentración Ecológica-Turista en Carnota 2011.

  • Caravaningblog: Crónica da Xuntanza do 2010.
  • Novas relacionadas

    Máis novas

    Fonte

    • Concello de Carnota.

    comentarios