Venres. 10.04.2020
El tiempo

Os dirixentes aprenden o significado da sustentabilidade nas Aulas Costa da Morte

Os dirixentes aprenden o significado da sustentabilidade nas Aulas Costa da Morte

Falta fan esta clase de "Aulas na Costa da Morte" para seguir fomentando unha conciencia social e medioambiental máis firme. Un xeito ademais de que os que mandan aprendan cales son as necesidades en materia de sustentabilidade para a zona, e as teñan en conta á hora de dirixir.

Así, durante as dúas primeiras fins de semanas de decembro, Zas, Laxe e Carnota acollerán estas Xornadas sobre Sustentabilidade e Desenvolvemento Local.
Esta actividade constitúe a 5ª edición dunha serie de Ciclos de Conferencias, que deron comenzo no ano 2004 e véñense realizando periódicamente en distintos concellos da Costa da Morte.

Este ano, a actividade se centrará no estudio e a análise dos aspectos que teñen que ver coa sustentabilidade e o desenvolvemento local, con especial fincapé no turismo, patrimonio, acción política, vivenda e cultura.

Obxectivos das Aulas Costa da Morte

Aulas na Cosa da Morte é unha actividade de divulgación promovida polo Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña e polo Instituto de Estudios e Investigación Psicosocial “Xoan Vicente Viqueira”, que ten un doble obxectivo.
Por unha banda, a actividade pretende descentralizar a actividade de difusión do coñecemento que normalmente ten lugar dentro dos campus universitarios, levándoa aos lugares que forman parte da realidade cotiá.
Por outra banda, preténdese levar a cabo unha análise dos problemas sociais no contexto local onde xurden, tomando contacto coa sociedade local, e os seus representantes na administración local, ou nos movementos asociativos, culturais e empresariais.

Máis información e inscrición

As Conferencias van destinadas a todas aquelas persoas interesadas na temática da sustentabilidade e o desenvolvemento, empresarios, axentes de desenvolvemento local, persoas con responsabilidade no desenvolvemento de programas comunitarios de acción social e desenvolvemento, así como a estudiantes de psicopedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, arquitectura, ou que cursen estudios relacionados có desenvolvemento comunitario e a intervención social.

A inscripción é gratuíta e poderá facerse no Laboratorio de Psicología Social, ben por teléfono: 981167000 ext. 1881 / 1792. Ou por correo electrónico: [email protected]
Data límite para inscribirse: 25 de novembro de 2011.
Diploma: Os asistentes que acrediten a súa asistencia ás sesións terán dereito a obter un Diploma oficial de participación asinado polo Rectorado.

Programa das Aulas Costa da Morte V

Venres 2 Decembro 2011 – Torres do Allo O Allo-Zas

  • 18:30h: Presentación do Ciclo. Ricardo García Mira, Profesor Titular de Psicoloxía Social e Ambiental da Universidade da Coruña. Con Diego Calvo, Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Xan García Pouso, Secretario da Asociación NERIA, e Manuel Muiño, Alcalde de Zas.
  • 19:00h: "Sustentabilidade: Turismo e Patrimonio". Intervencións: Ramón Maiz Suárez Profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Rosa Sánchez, Agente de Desarrollo Local, Concello de Vimianzo. José Leira Profesor da Universidade da Coruña. Xosé María Lema Suárez, Profesor de Ensino Secundario e Presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Coordenador: Prof. Pedro Vega Marcote.
  • 20:30h Debate.

Sábado 3 Decembro 2011 – Hotel Playa de Laxe

  • 10:00h: "Sustentabilidade da vida cotiá". Intervencións: Adina Dumitru, Psicóloga Social. Universidade de Timisoara. Xosé Luis Barreiro Rivas, Profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 11:00h: Pausa café.
  • 11:30h: "Definindo marcos de sustentabilidade científica e económica no contexto euroepo" Intervencións: José María Barja Pérez, Rector da Universidade da Coruña. Juan Casares Long, Rector da Universidade de Santiago de compostela. Salustiano Mato, Rector da Universidade de Vigo. Marius Rubiralta, Secretario Xeral de Universidades, Ministerio de Educación. Jorge Velasco González, Director do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Bruselas. Xavier Alcalá Navarro, Director da Oficina de Proxectos internacionais de Investigación, Xunta de Galicia. Coordenador: Prof. Ricardo García Mira, Coordenador do Cosorcio Europeo “LOCAW”, Universidade da Coruña.
  • 13:30h Debate.

Venres 9 Decembro 2011 – Salón de plenos do Concello de Carnota

  • 18:00h: Saúdo do Alcalde / Presidenta de AFIPRODEL.
  • 18:30h: "Sustentabilidade Social: Ciencia, cultura e desenvolvemento". Con Dolores Pena Pena, Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Carnota. José Antonio Díaz Fernández, Director da Área Económica e Planificación Estratéxica do IGETI (Instituto Galego de Estudios do Transporte e as Infraestructuras). Serafín Mercado Domenech, Catedrático da Universidad Nacional Autónoma de Mexico. Alejandra Terán, Profesora e investigadora da Universidade Nacional Autónoma de Mexico. Coordenador: Ernesto Sánchez Pombo, Periodista.
  • 19:30h Debate.
  • 20:00h: Clausura: Intervencións do Presidente de FECOM, José Gabín, do Presidente de NERIA, Ramón Vigo, da Presidenta de AFIPRODEL, Dolores Pena, e do Director do Ciclo, Ricardo García Mira.

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Novas relacionadas

Vídeos de natureza

Fonte

comentarios