Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo

O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo

Facemos propio o lema dun novo grupo creado na rede social de Facebook: O Cabo da fin do mundo, un vertedoiro de desexos. I é que achegarse ao entorno do Faro Fisterra pon nervioso a calquera.

Botas vellas, calcetíns sucios, camisetas sucias, bastóns de madeira, cunchas, bolsas de viaxes roída... Case sae máis a conto ir ás crebas no Cabo que nas praias da bisbarra. Calquera cousa pode ser susceptible de ser deixada, a modo de "homenaxe pola fin do camiño", tirada nas rochas. Iso sempre que non a puidese queimar o peregrino de turno, facendo perigosos lumes que xa teñen provocado que a paraxe do entorno do faro sexa bastante tétrica.

I é que a moderna e sucia "tradición" de queimar algún elemento que foi parte desa viaxe interior, deixa estampas terribles. Unhas botas de goretex queimadas botando un fume radioactivo que convirte o emotivo solpor nun foco de contaminación.

De contaminación e de perigo real. Porque estas chascas son as causantes de que as matogueiras da zona teñan cor negra e cheiro a queimado. Como o ano pasado, onde ardeu a contorna do Faro ao completo.

E cómpre aquí botar a bronca ás administracións, que no canto de atallar estas prácticas, acondiciona espacios para queimar os enseres aos peregrinos... Pola contra, hai que agradecer que puxeran un cartel no poste de electricidade para que non se deixen colgadas as prendas, i é que a xente era capaz de subir varios metros para "deixar a súa pegada".

Máis problemas no Cabo

<>Non só estes son os problemas do segundo lugar máis visitado de toda Galicia, e por susposto, o máis famoso da Costa da Morte. Xa temos apuntado diferentes necesidades como estas para unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra:

  • A estrada que sobe ao Faro non ten beirarrúa para os peregrinos e veciños, facendo que os milleiros que soben andando diariamente se teñan que xogar a vida.
  • A Oficina de Turismo xestionada entre o Concello e a Asociación Neria, non ten apenas mapas e non ten internet para informar aos turistas, que chegan ao Faro e dan a volta cara Santiago ao non saberen as marabillas que temos.
  • Non hai baños nun lugar que durante as fins de semana do verán pode recibir ata 5.000 turistas. I é que tras poñelos en marcha, o Concello pechounos ante o gasto que xeraba, sen propoñer cobrar por usalos ou algunha outra solución.
  • Boa parte dos souvenirs que se venden no chiringuito proceden do Pacífico no canto de apostar pola artesanía local.

Onde está o Concello de Fisterra para solucionar estes problemas? Onde está a entidade que leva máis de 20 anos xestionando os fondos europeos destinados á Costa da Morte? Onde está Patrimonio da Xunta de Galicia? Onde está o "señor Europa" que catalogou o lugar como "Patrimonio Europeo"?

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios