Unha persoa falecida tras sufrir un accidente en Lira
19:11 27/12/24
Unha persoa resultou falecida esta tarde de venres 27 de decembro tras sufrir un accidente en Lira, Carnota. O vehículo no que viaxaba era embestido nunha incorporación por outro vehículo e o seu condutor, un home duns 70 anos, falecía no acto.
Varias persoas resultaron ademais feridas e foron trasladadas ao Hospital.