Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O Pindo volve convertirse na capital da cultura mariñeira coas XIV Xornadas de Pesca

  • “O Pindo é mar”, é o lema das xornadas da confraría carnotá
O Pindo volve convertirse na capital da cultura mariñeira coas XIV Xornadas de Pesca

XIV xornadas TRAZ copia

Estes vindeiros sábado 29 e venres 30 de xuño, a Confraría de Pesca do Pindo volve colocarse como gran epicentro da cultura mariñeira. Faino no marco das XIV Xornadas de Pesca “O Pindo é mar”, un compendio de actividades relacionadas co medio mariño.

As xornadas arrincan ás 10:00h coa inauguración da man do Presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira. Merche Díaz Mayán fará de anfitriona cunha pequena guía das xornadas, e tamén participará na primeira mesa redonda xunto con Xilberto Caamaño, Marina de Lamela, Pepe de Tinto, Maño e Antonio Castro. Unha mesa que servirá para facer un percorrido histórico pola vila pindexa.

María de Los Ángeles Piñeiro falará en clave de futuro e sostibilidade e Fátime Ródriguez farao literariamente.

Pola tarde, Marta Dacosta falará das redeiras, e arredor das 18:00 haberá un recital poético-salgado cos Xaime Trillo, Ismael Ramos, Chisco Fdez. Naval, Alexandre Nerium, Xosé Iglesias, Marta Dacosta e Suso Bahamonde.

Os Fundadores porán o peche musical antes dos pinchos e a queimada.

O domingo haberá saída de turismo mariñeiro, e actuación das Xaviñanas.

Exposicións e Actividades infantís

Paralelamente, as artesás locaos Remedios Beiro (Remecreando) e Alicia Vázquez Vázquez (ALIVAVA) terán as súas exposicións vivas.

Ademais, durante toda esta semana os cativos disfrutan obradoiros de cestería, pintura, artesanía con refugallos, cociña… ademais de actividades de mergullo, body e ata un concurso literario.

Obradoiro de artesania con refugallos con ALIVAVA
Obradoiro de artesanía con refugallos con ALIVAVA

Xornadas anteriores

Comentarios