Venres. 29.03.2024
El tiempo

Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?

Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?
Pensado Plágaro, Ramón Vigo, Pepe Oreiro e José Manuel Traba son algúns dos candidatos aínda imputados na Costa da Morte

Falabamos onte no Debate de Cee do por que en España os políticos nunca utilizan a palabra dimitir. Unha responsabilidade á que ás veces apelamos, pero que á que tampouco respondemos cando nos toca. Criticamos e poñemos a corrupción como a grande lacra deste país nas enquisas. Pero chega a hora e volven saír os mesmos, a pesar de ter imputacións e mesmo estar en liberdade con fianza.

O ano pasado repasabamos a vintena de políticos imputados na Costa da Morte. Hoxe queremos facer fincapé nos “alcaldables”, para dar conta de que a Xustiza segue traballando para depurar problemas de transparencia, prevaricación… dos nosos representantes políticos. A responsabilidade tamén está no noso voto.

Temos que dicir que só 2 dos políticos imputados, o alcalde de Mazaricos Santos Maneiro, e o de Corcubión, Francisco Lema, Chisco, que ademais vén de ser absolto dun dos seus casos abertos, deixaron o bastón de mando para retirarse da vida político. O resto seguen en campaña a pesar das grandes contas pendentes ca xustiza.

Seguro que algún se nos escapa, con algunha imputación menor, pero estas nos parecen as máis graves:

Segue a Operación Orquesta eternamente retrasando a chegada do xuízo oral. E nela seguen imputados varios candidatos. O principal, o alcalde de Fisterra e candidato do PP, José Manuel Traba, así como o seu número 4, Ramón Redonda, e o número 6, Santiago Insua, seguen imputados por suposta adxudicación ilegal de obras, pero que tamén se ve implicado nun asunto de tráfico de influencias. Acusados ademais de intenter levar adiante a polémica concesión do Semáforo e outros casos urbanísticos e de enchufismo, volven presentarse para manter o posto despois de 12 anos de goberno.

Temos en Cee outro exemplo, co candidato de Independientes por Cee, Ramón Vigo que está en liberdade baixo fianza trala súa imputación na Orquesta, presunto delito contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de inluencias, prevaricación e suborno, ademais de malversación de fondos públicos e tamén por suposta falsificación de documentos públicos, oficiais e mercantís. Con el tamén teñen contas pendentes o seu nº2, Juan Bautista Areas Lestón, Candiño, concelleiro de Obras e a número 4 Pilar Iglesias, ex Xefa de Gabinete.

Por Carnota, o candidato do PP Jose Oreiro e a súa nº3 Marisol Piñeiro están imputados nun caso de suposta contratación ilegal, e a fiscalía xa piden 10.000€ de fianza para cada un.

Graves son tamén as acusacións para o alcalde de Coristanco, tamén candidato do PP, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos nunha pelexa entre varias empresas polas adxudicación de obras municipais. Despois dun duro rexistro no Concello por parte da Garda Civil, Pensando Plágaro, quere manter o seu posto tras 23 anos no poder.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios