Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O PP apoia os soldos políticos do PSOE en Carnota

Moma alcalde PSOE Carnota e Tino Gonzaloez PP
Moma alcalde PSOE Carnota e Tino Gonzaloez PP
O PP apoia os soldos políticos do PSOE en Carnota
O PP apoia os soldos políticos do PSOE en Carnota

Falabamos hai pouco de soldos políticos e responsabilidade. E un caso singular ten pasado esta semana en Carnota. O PSOE carnotán buscaba aprobar unha dedicación exclusiva de 41.400€ e unha parcial de 16.800€ anuais. Finalmente, tralo intento fallido do 4 de xullo, no pleno do pasado venres 26, e gracias á abstención do PP, o grupo socialista aprobou un salario de 35.000€ para o alcalde e de 14.500 para a tenente de alcalde.

Unha decisión que Tino González, voceiro do PP, valora como “desbloqueo”, e que explica “pola necesidade de que o pobo de Carnota teña un equipo director que leve as súas rendas facilitando así unha, o noso entender, necesaria gobernabilidade”. Tino asegura ter mesmo solicitado un acordo de gobernabilidade rexeitado polo grupo socialista “por incompatibilidade de siglas”, pero a redución do 15% das intencións iniciais do PSOE e a redución do número de Comisión de Goberno, así como a cantidade a percibir por cada edil do grupo de goberno sen dedicación (quedan 6 sesións a 100€ por edil) fai que o PP considere que “a proposta está correctamente dimensionada a realidade socioeconómica de Carnota”.

Pola contra, dende o grupo do BNG consideran que “inxustificable que o goberno aumente o soldo do alcalde de golpe 10 mil euros, un 33% máis, ata alcanzas o tope legal”. O BNG quere aclarar que “xamais participamos nunha verdadeira negociación co PSOE”. Conclúen cun claro “lamentamos a falta de transparencia e que o novo goberno de Carnota leve estragados dous meses de mandato unicamente en aumentar os seus salarios políticos”.

Novas relacionadas

Comentarios