Martes. 18.06.2019
El tiempo

O PSOE esixe facilidades para que as confrarías contraten vixilancia para loitar contra os furtivos

Imaxe dunha comiso da Garda Civil en Malpica
Imaxe dunha comiso da Garda Civil en Malpica
O PSOE esixe facilidades para que as confrarías contraten vixilancia para loitar contra os furtivos

A situación de Manuel de Talelo, en prisión por loitar contra o furtivismo na Reserva Mariña dos Miñarzos, levou ao PSOE a reclamar á Xunta de Galicia no Parlamento Galego unha política máis crúa con esta problemática. E on dous os camiños claros a afondar: axilizas os pagos ás confrarías para dotalas de liquidez suficiente que lles permita contratar vixilancia contra os furtivos; e aplicar unha política de sancións efectiva contra os furtivos.

Para a portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, “non pode ser que unha Confraría como a de Lira se teña que enfrontar sen recursos propios á actuación dos furtivos na Reserva dos Miñarzos”. E extende a problemática ao resto de pósitos do litoral galego. “Outras moitas en Galicia, “non ten recursos para facer fronte á vixilancia, e a vixilancia por parte da Xunta é insuficiente, co que os furtivos adquiren máis poder fronte aos profesionais”. Advirte de que as subvencións para a contratación de persoal obriga ás confrarías a adiantar uns recursos dos que carecen, e ademais “sen garantía ante o compromiso de recursos financeiros” futuros.

Puxo tamén como exemplo o caso de Lira, onde hai “unha enorme preocupación en relación co furtivismo, cando a situación, logo de mellorar, ten empeorado, polo que os profesionais senten unha enorme impotencia e abandonados”.

Novas relacionadas

Comentarios