QPC, de novo presente nos libro de texto

09:13 23/05/15

Menudo orgullo que é ver contidos de QPC nun libro de texto. Algo debemos estar facendo ben para que a editorial Rodeira, do Grupo Edebe, nos solicite, por segundo ano, poder incorporar nos seu libro unha nova do noso diario.
A nova que servirá de base dun interesante e práctico material didáctico, é a reportaxe sobre o estado do Monte Pindo un ano despois do incendio que realizou Jorge González Pérez en QPC, seguindo así a liña do libro feito en 2013 que xa analizaba o dramático incendio.
A reportaxe serve para que os rapaces fagan unha análise de texto bastante interesante para aprender a comprender, reflexionar e investigar sobre un tema concreto da nosa realidade local.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).