Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Raíña Lupa volveu ao Olimpo Celta

Rainha Lupa de Alivava
A Raíña Lupa volveu ao Olimpo Celta

Volven as lendas. Volve a maxia ao Olimpo Celta. Faino co fermoso libro infantil de Guadalupe Vázquez e o seu “Saltarin”. Faino tamén con esta fermosa Raíña Lupa, feita pola artesá Alicia Vázquez e o eterno voluntario Sven.

A carnotá, creadora de Ali Vava, foi partícipe así desta sorpresa que a parella lle fixo precisamente a Guadalupe, que recolleu co máximo agarimo esta peza máxica.

A figura é a primeira dun conxunto que será feito ad hoc recreando persoeiros emblemáticos do Monte Pindo, onde a lenda ubica o reino da mítica Lupa, unha forza primixenia e pagana que vén a ser a representación desa potencia das rochas que conforman a paisaxe do emblemático paraxe. “A Raíña Lupa é moito máis que unha muller e moito máis ca un personaxe secundario na lenda xacobea; a Raíña Lupa é ese inconsciente panteísta que latexa no corazón dos galegos; é o latexo do salvaxe, da besta que mora no interior de cada un de nós e que anhela o arrecendo do verde, o tacto do orballo, o son do nordés e a fría virxinidade das rochas debaixo dos nosos pés. A Raíña Lupa é liberdade”, di Guadalupe.
 

Novas relacionadas

Comentarios