Luns. 07.10.2024
El tiempo

A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo

GUadalupe Vazquez e Saltarin no Monte Pindo
A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo

Sae a luz “Con Pasos de Xigante, Saltarín, no Monte do Pindo”, o terceiro libro bilingüe de Guadalupe Vázquez. É a terceira aventura deste personaxe da escritora carnotana despois de chegar á fin do mundo.

Un libro que mantén mesma liña pedagóxica de facer voar á cativada, combinando o galego e o inglés con historias preto de nós, e aprendéndolles a través do movemento. Desta volta ademais co punto engadido de que trata, ademais, o tema da inclusión.

Ambientado esta vez no emblemático “Monte do Pindo, Con Pasos de Xigante, Saltarín, no Monte do Pindo / Giant Steps, Little Grasshopper, on Mt. Pindo” trátase dun proxecto apoiado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural.

No conto, o lector visitará o Olimpo Celta da man de Saltarín: as pías da Moa, a Cova Casa da Xoana ou Revertedemos, os castelos de San Xurxo e de Penafiel, a Cama da Fertilidade, a grandiosa fervenza e o Xigante da Mina.

Guadalupe Vázquez Formoso, licenciada en Filoloxía Inglesa e mestra no CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee, terá agora nas librerías este terceiro libro que, xunto cos dous anteriores, abre o camiño no mundo das obras bilingües para público infantil.

Novas relacionadas

Comentarios