Mércores. 17.07.2019
El tiempo

CARNOTA CONCELLO AMIGO DA INFANCIA

A rapazada de Carnota trasladou as súas inquedanzas aos candidatos

Jose Elisardo García, María Noceda e Emilio Louro recibiron as inquedanzas da rapazada de Carnota no marco do programa "Carnota, Amiga da Infancia"
Jose Elisardo García, María Noceda e Emilio Louro recibiron as inquedanzas da rapazada de Carnota no marco do programa "Carnota, Amiga da Infancia"
A rapazada de Carnota trasladou as súas inquedanzas aos candidatos

O martes 30 de abril tivo lugar o I Foro de debate infantil e adolescente de Carnota. Nesta actividade as persoas representantes das listas electorais de cara eleccións municipais escoitaron á rapazada. Emilio Louro Lamela, candidato á alcaldía polo BNG, María Mercedes Noceda Gómez, número dous da lista do PSOE e José Elisardo García Lago, número dous da lista do PP, tomaron boa nota dos 15 rapaces e rapazas que participaron nesta primeira xuntanza.

Os [email protected] e adolescentes alzaron a súa voz e presentáronlle as súas propostas e ideas aos representantes dos partidos políticos para que as tiveran en conta nos seus programas electorais. Concretamente transmitiron as súas inquedanzas con respecto ao uso das instalacións deportivas. Ademais, solicitaron máis espazos nos que poder reunirse e pediron que o concello apoie a creación de clubs deportivos.

Carnota amiga da infancia

Igualmente, os representantes tiveron a oportunidade de expresar a súa opinión sobre este programa “Carnota Amiga da Infancia”, acreditado por UNICEF, e sobre as propostas que a rapazada lles presentaba.

Ademais, a praza de Carnota e O Pindo loce xa unha placa que visibiliza que Carnota é un Concello Amigo da Infancia e da Adolescencia.

Letreiro Carnota Concello Amigo da Infancia

Máis info: https://carnotaamigadainfancia.blogspot.com.

 

Novas relacionadas

Comentarios